A Hora do Código
na ESEI en Ourense

Sábado, 19 de Xaneiro de 2019

O Colexio Profesional en Enxeñería Informática de Galicia e a Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo están a apoiar a iniciativa global Hora do Código (HourofCode) da Code.org.

Contacto:

Whatsapp ..: 609 670 774
Email ............: administracion@cpeig.gal
Web .............: horadocodigo.gal

INSCRIBIRSE
slider image

Iniciación a programación

Sesións dunha hora e media na que os cativos (recomendado entre os 6 e os 10 anos) poden aprender a programar con xogos de Disney, Starwars ou Frozen. As nais e pais poden acompañar os pequenos e tamén aprender. Haberá diversos grupos en distintos horarios.

Iniciación a programación con Scratch

Scratch é unha lenguaje de programación visual desenrolado polo MIT Media Lab. Scratch é empregado por estudantes, académicos, profesores e pais para crear fácilmente animacións, xogos, etc. Nas escolas convertiuse nunha oportunidade para axudar a os estudantes no desenrolo de habilidades mentais meirante a aprendizaxe da programación. Sus características ligadas o pensamento computacional fan que sexa difundido actualmente na educación de nenos, adolescentes e adultos.

Iniciación a programación de dispositivos con Arduino

En Educación a robótica como ferramenta pedagóxica cada día cobra maior relevancia, xa que a través de actividades lúdicas desenvolvense diferentes capacidades, que son de gran utilidade. Iniciando aos nenos e nenas no campo da robótica intégranse diversas áreas de coñecemento como son as matemáticas, a ciencia e a tecnoloxía, dunha forma divertida que ademáis lle aportan numerosas vantaxes: Diversión, aprendizaxe, reforzo da creatividade, desenvolve o pensamento lóxico polo que tamén o pensamento crítico a hora de levar a cabo os pequenos proxectos e como calquera traballo feito por un mesmo axuda a fortalecela autoestima e mellorala tolerancia e a frustación o traballar en gran grupo apoiándose nos compañeiros e elaborando diferentes estratexias de traballo.

Coñece o Deseño e a Impresión en 3D

Comeza a aparecer cada vez máis na nosa vida a Tecnología 3D, ben sexa por impresión 3D, CNC (cálculo de control numérico)... só a través do ordenador ou combinada cos métodos de fabricación tradicionais o artesanais. O slogan desta tecnología é "Todo o que imaxines podese crear" e todo apunta a que estamos a comezar a 3ª Revolución Industrial É preciso que tarde ou cedo, coñezamos, o que é e que podemos facer.

Coñece os Drones

Os nenos poderán traer o seu dron para pilotar
Sesións de hora (recomendado entre os 6 e os 18 anos) onde se pode ver e aprender como funcionan os drons, dende os de xoguete ata drons de traballo profesional. Montaremos dous circuitos, un de habilidades e outro de velocidade onde os rapaces apuntados a actividade demostrarán as destrezas na pilotaxe.

Cine 3D con Alice

Crearemos un mundo de animación onde as leis da física pódense configurar o noso gusto. Figuras 3D, personaxes, iluminación, puntos de vista da camara, todo insto empregnado Alice 3.0

Realidade Virtual

Aprenderemos a crear o noso mundo de realidade virtual en 3D . Arrastrare objetos e imágenes en 3D é crearemos esceas. Como empregaremos unha app en líña, poderemos amosar o noso mundo os país e amigos. Empregando unhas gafas de realidade virtual baseadas en Google Cardboard.

Outras actividades:

Recreo con Almorzo

De 11:30 a 12:00 aproveitando os descansos entre grupos, na cafetería do centro teremos un almorzo para tódolos participantes, de calquera idade. É preciso recoller o número de entradas de todas os asistentes (nais, pais, nenas e nenos, avós, etc.)