Calquera pode aprender a programar!!

Sábado, 19 de Xaneiro de 2019!!
No campus universitarios de Ourense

O Colexio Profesional en Enxeñería Informática de Galicia apoia a iniciativa global Hora do Código (HourofCode) da Code.org.

O CPEIG promove esta iniciativa nos colexios, institucións e empresas de Galicia durante a Mobile Week en A Coruña o 18 de Novembro de 2018, e o Sábado, 19 de Xaneiro de 2019 no Campus Universitario de Ourense.

PÁXINA OFICIAL HOUR OF CODE
slider image slider image slider image slider image slider image

O Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG)

impulsará a partir da semana que vén, con motivo da iniciativa “Hora do Código”, actividades de programación informática coa colaboración e apoio da Escola Superior de Enxeñaría Informática (ESEI) da Universidade de Vigo, Campus de Ourense, e da Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña. Os obradoiros, totalmente gratuítos, estarán dirixidos a rapaces e rapazas de entre 3 a 17 anos de idade. As actividades desenvolveranse coa participación de voluntarios do CPEIG.

O proxecto “Hour of Code”, “Hora do Código”, da entidade estadounidense Code.org ten coma obxectivo o de ensinarlles programación e as bases da Informática ás nenas e nenos partindo de titoriais básicos dunha hora de duración.

En total, a organización do CPEIG prevé que 400 rapaces participen nas charlas nos centros de ensino e 140 nas actividades da ESEI, acompañados duns 60 nais e pais; e 140 na Facultade de Informática da Universidade da Coruña.

Evento en Ourense

O Sábado 19 de Xaneiro deste ano 2019, pola maña na ESEI da Universidade de Vigo en Ourense. Impartiranse talleres de programación de Scratch, deseño e impresión 3D, Robótica con Arduino, Drones e audivisuais.

PROGRAMA E INSCRIBIRSE

Evento na Coruña

O CPEIG colabora coa FIC da Universidade da Coruña no evento Hora do Código do día 19 de Xaneiro de 2019

 

PAXINA DO EVENTO

Nos Colexios

O CPEIG está a colaborar con distintos centros educativos de Galicia para facer unha Hora do Código.

 

NO COLEXIO

¿Cando se fai a Hora do Código?

Calquera pode organizar "Unha Hora do Código" en calquera momento, pero o obxectivo fundamental desta campaña é que decenas de millóns de estudantes proben "A Hora do Código", nos celebrámola o 18 de Novembro 2018 na Mobile Week en A Coruña e o 19 de Xaneiro de 2019 no Campus de Ourense na ESEI da Universidade de Vigo. ¿Trátase dunha hora específica? Non. Podes celebrar "A Hora do Código" en calquera momento desa semana. (E se non podes facelo durante esa semana faino unha antes ou unha despois).

¿Por qué Informática?

Tódolos estudantes deben ter a oportunidade de aprender a programar. Programar axuda a fomentar as habilidades de resolución de problemas, a lóxica e a creatividade. Introducir aos estudantes de forma temperá na Informática, permitiralles dispor de coñecementos imprescindibles no século XXI; fundamentais sexa cal sexa o seu futuro desenvolvemento profesional. Ver mais estatísticas en code.org.

¿Quén está detrás da Hora do Código?

A Hora do Código está organizada por Code.org, unha organización pública dos EEUU sen fins de lucro (501c3) dedicada a promover a participación nos colexios e institutos da Informática, cunha especial atención en incrementar o número de mulleres e estudantes de colectivos minoritarios que aprenden a programar. Unha coalición sen precedentes de socios reunironse para apoiar tamén a Hora do Código, — incluindo a Microsoft, Apple, Amazon, Boys e Girls Clubs of America e o College Board. Noutros paises existen organizacións que están a espallar tamén toda esta iniciativa e actividade.